Voltan ás Torres do Allo Francisca Riobóo e Víctor López Seoane

Cultura
Jose Manuel Ramos
Os Quinquilláns durante unha das recreacións teatrais históricas no pazo máis antigo de Galicia. Foto: Torres do Allo

Zas. O domingo 5 de decembro, ás 18.30 horas terá lugar unha visita teatralizada nas Torres do Allo da man de Os Quinquillans Teatro, que representarán a Francisca Riobóo e a Víctor López Seoane; a herdeira do pazo e o seu marido naturalista. Recordarán o estilo de vida que tiñan e como eran as súas ocupacións cunha forma didáctica e con moito humor. Unha actuación á que se pode asistir de balde e con uso obrigatorio de máscara reglamentada.