Volveu o mercado ás rúas do centro de Vimianzo

Feiras
Jose Manuel Ramos

Vimianzo. A pesares da choiva, o mercado semanal de Vimianzo recuperou onte a normalidade ao voltar os postos de venda ás rúas céntricas da capital municipal, despois de varios meses celebrándose na contorna da casa da cultura por motivos de seguridade.

Os vendedores amosaron a súa satisfacción por recuperar o emprazamento habitual. O carballés José Manuel Rodríguez, sinalou que “este é o sitio da feira, aquí todos saímos gañando, tanto os vendedores ambulantes como as cafeterías, restaurantes e comecios locais”. Sacar a o mercado do centro, engadiu, “sería a morte da feira”, ao tempo que reivindicou este tipo de mercados “pois son moito máis seguros que os centros comerciais, xa que traballamos ao aire libre”. De feito, “non hai constancia de que ninguen se infectase nun mercadillo”, concluiu.

Dende o Concello lembran que o emplazamento non é definitivo, xa que dependerá de como evolucione a situación sanitaria. J. M. R.