Xa venden as entradas para a cea medieval de Vimianzo

Historia de Galicia
M.B.
Imaxe de arquivo de participantes nunha anterior celebración do Asalto ao Castelo de Vimianzo. Foto: CV

Vimianzo. Coa volta do Asalto ao Castelo, volve tamén unha das súas citas máis singulares: a cea medieval. Este ano faranse once edicións do gran festín con pratos da época que se celebra no foso do castelo de Vimianzo o venres 1 de xullo. Coa capacidade de acceso limitada, xa se habilitaron distintos momentos de venda de entradas (30 €).

Desde esta semana xa está aberto un primeiro prazo de venda de entradas (como máximo 4 por persoa) para patrocinadores e colaboradores, até o 22 de maio. As entradas terán que ser solicitadas a través dos seguintes medios festa@asaltoaocastelo.gal ou

607322430 (preferiblemente por Whatsapp).

A xente que aínda non estea identificada como axudante e desexe botar unha man pode anotarse a través dos mesmos medios de contacto, ao mesmo tempo, para comprar entradas para a cea se o considera oportuno.

A partir do 23 de maio e até esgotar existencias poranse á venda as entradas que queden libres (tamén un máximo de 4 por persoa) no portal http://www.enterticket.es.

A gran Cea Medieval do Asalto ao Castelo contará ademais da súa oferta gastronómica, con animación teatral e musical a cargo de Cé Orquestra Pantasma. m.b.