Xornadas de concienciación sobre a reciclaxe nos centros educativos de Muxía

Medio Ambiente
Jose Manuel Ramos
Momento dunha das sesións informativas sobre a reciclaxe nos centros educativos de Muxía. Foto: C. M.

O Concello de Muxía organizou, en dúas quendas, unhas xornadas de concienciación sobre a reciclaxe nos centros educativos do municipio. O ciclo formativo, que comezou no IES Ramón Caamaño e no CEIP Virxe da Barca, explica dun xeito didáctico e visual como é o funcionamento do servizo de punto limpo, así como a recollida de lixo.

A xornada tivo unha gran aceptación por parte da rapazada. A formación continuou este mércores no CEIP Eduardo Noya de Vilarmide e no CEIP dos Muíños. Para levar a cabo estas clases maxistrais, o Concello puxo a dispor a dúas persoas profesionais do sector, así como un expositor informativo.

O rexedor, Iago Toba, quixo poñer en valor “este tipo de iniciativas que son necesarias para que as novas xeracións, que é o noso presente e futuro, entendan a importancia dun correcto reciclaxe e do respeto polo medio ambiente”. “Muxía sempre vai a apoiar este tipo de propostas que buscan mellorar e concienciar sobre o uso responsable dos nosos recursos e que explican o gran traballo que realizan diariamente os nosos profesionais de limpeza”, engadiu.