Zas acondiciona setenta quilómetros de estradas

Infraestruturas
Jose Manuel Ramos
Limpeza de cunetas dunha das estradas municipais de Zas. Foto: Concello de Zas

Terra de Soneira. O Concello de Zas continúa mellorando o estado da súa extensa rede viaria. Así, estes días estase a realizar unha intensa campaña de limpeza de cunetas que afecta a uns 70 quilómetros de estradas asfaltadas de titularidade municipal. Os traballos, que contan cun orzamento de 95.643 €, consisten principalmente na limpeza das cunetas a ambos marxes e no desatacamento dos tubos de acceso ás fincas. Con esta campaña o goberno local pretende mellorar a seguridade e reforzar o mantemento dos seus viais. J. M.