Zas fai entrega de bolsas de estudos

Axudas
Jose Manuel Ramos
Casa consistorial de Zas. Foto: Turismo de Galicia

Terra de Soneira. O Concello de Zas iniciou o procedemento para o abono das 147 bolsas de estudo que repartirán entre o alumnado empadroado no municipio e que actualmente estea matriculados en Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclo Fomativo, e graos Medio e Superior.

A tal fin destina uns 29.000 euros, e o importe das bolsas oscila entre 120 e 360 €. Para a concesión tivéronse en conta baremos como a situación económica-familiar, o número de membros que integran a unidade familiar e os méritos académicos dos estudantes. Hai máis de dez anos que o goberno local puxo en marcha esta iniciativa coa que se pretende contribuír á integración socio-laboral das familias con menos recursos . J. M. R.