Zas reordena o goberno e crea dúas adicacións

Política municipal
Jose Manuel Ramos
Membros do goberno local do BNG de Zas. Foto: J. M. R.

Soneira. O alcalde de Zas, Manuel Muíño (BNG) reorganiza o seu goberno, de xeito que Óscar Lema pasará a encargarase das áreas de Cultura, Vías, Obras, Persoal, Verbenas e Padrón, e José Manuel Brenlla xestionará os departamentos de Deportes, Turismo, Servizos e Persoal da brigada de vías e obras así como dos demais empregados públicos que realicen funcións na mesma. Tamén levará a supervisión, dirección e control dos traballos desta area. Ambos os dous concelleiros terán adicación ao concello. Óscar Lema percibirá 25.132 euros brutos anuais e José Manuel Brenlla 16.755 €. Estes cambios, implicaron unha remodelación do resto de concellarías. Cristina Pardiñas, asume Sanidade; Natalia Espasandín, Feiras, Mercados e Patrimonio Municipal; Germán Pérez, Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible; María Pilar García, Educación e Promoción Económica; e Patricia Fariña Pedrosa, Muller, Xuventude e Igualdade. J. M. R.