Zas repartirá máscaras e xel entre o alumnado do municipio

Distribuiranas en catro centros educativos, incluíndo o CEIP de San Cosme, de Mazaricos, onde estudan catro escolares zaenses
COVID
Jose Manuel Ramos
Modelo de estoxo con dúas mascarillas reutilizables e un bote de xel que repartirán entre os escolares. Foto: Concello de Zas

O Concello de Zas repartirá máis de 1.100 máscaras e xel hidroalcohólico entre o alumnado do municipio. Cada alumno e alumna recibirá un estoxo que contén dúas mascarillas reutilizables e un bote de xel con forma de chaveiro co fin de facilitar o seu uso e transporte.

O reparto realizarase no CEIP de Zas (142), CEIP Labarta Pose (160), IES Maximino Romero de Lema (254) e no CEIP de San Cosme de Antes, de Mazaricos, no que hai 4 estudantes zaenses empadroados.

Esta iniciativa, promovida polo equipo de goberno, ten como obxectivo dotar aos alumnos e alumnas dos medios de prevención necesarios para facerlle fronte á COVID, “ademáis de colaborar coas familias reducindo o gasto que teñen que realizar neste tipo de protección”, afirman.

O alcalde, Manuel Muíño Espasandín, incide en que aínda que a situación mellorou notablemente e que o número de contaxios descendiu ata os cero casos nos últimos días “é importante seguir mantendo a responsabilidade e cumprir con todas as medidas de prevención establecidas polas autoridades sanitarias”. Recorda que agora que veñen as vacacións de Semana Santa “non se debe de baixar a garda e debemos manter todas as precaucacións para evitar unha cuarta onda”.

Dende o inicio da crise sanitaria, o Concello de Zas repartiu diverso material de protección entre o persoal do centro de aúde, do Servizo de Axuda no Fogar, membros de Protección Civil, Policía Local e traballadores municipais. Ademáis, no pasado mes de abril e en pleno estado de alarma, repartiron 4.500 máscaras cirurxicas entre a veciñanza.