Zas segue as pegadas de Labarta Pose

Literatura
El Correo Gallego
Enrique Labarta Pose.

ZAS. “A historia non lle dou o lugar que merecía e dende o Concello de Zas, coa colaboración de diferentes expertos, queremos poñer no seu sitio a figura de Enrique Labarta Pose e reivindicar que a Real Academia Galega lle dedique o seu propio Día das Letras Galegas”. Así comezou o alcalde de Zas, Manuel Muíño, a inauguración da xornada As pegadas de Enrique Labarta Pose, que tivo lugar no centro sociocultural de Baio diante de medio cento de persoas de diferentes ámbitos, entre eles profesores e profesoras da zona, que asistiron a esta actividade na que se analizou dende distintos puntos de vista a obra e a vida de Enrique Labarta Pose. Conducidas por Tania Carreira, ao longo da mañá houbo cinco pequenas ponencias, que non superaron os vinte minutos de duración, e un coloquio. Xa pola tarde, os participantes neste foro percorreron diferentes lugares do concello de Zas aos que, dunha forma ou doutra, Enrique Labarta Pose fixo referencia nalgunha das súas obras. c. z.