Dispáranse as matriculacións na Escola Municipal de Música un 40%

O Concello inicia o proceso de selección dos 16 docentes que impartirán as clases // A previsión é que o curso de comezo a principios do mes de outubro con clases de aforo reducido e medidas de seguridade
Educación
El Correo Gallego
Os accesos están xa sinalizados para cumplir as medidas anti-covid. Foto:Concello de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo iniciou esta semana o proceso de selección para a contratación de 16 profesores para impartir clases na escola de música. As disciplinas para as que se contratarán docentes son oboe, frauta, clarinete, saxofón, fagot, trompa, trombón, tuba, violoncelo, contrabaixo, percusión, guitarra, piano, linguaxe musical e educación musical.

As persoas interesadas deberán presentar a instancia, incluída nas bases e colgada no taboleiro de anuncios da web do Concello de Sanxenxo, no rexistro municipal de 9 a 13 horas ou na sede electrónica. O prazo conclúe o luns 21 de setembro. O sistema de elección será o de concurso-oposición cunha proba selectiva que terá lugar o vindeiro xoves 24 de setembro no Auditorio ás 9 horas.

A previsión é que o curso arrinque a principios de outubro con aforos limitados a un máximo de 10 alumnos por aula e medidas de seguridade anticovid. O primeiro prazo de matriculación pechouse o pasado mes de xullo con 184 alumnos e volverase a abrir un segundo prazo coincidindo co comezo das clases. Os bos resultados dos últimos anos dispararon as matriculacións na escola municipal máis dun 40%. “Estamos moi satisfeitos cos resultados. Dez alumnos que se presentaron este ano ao conservatorio aprobaron, a pesar de ser un ano con facultades seguimos coa teledocencia e deu vos seus froitos”, asegura o director, Benjamín Dourado

Este novo curso contará cun novo instrumento de corda, o contrabaixo. “É necesario que para que a escola siga medrando amplíense vos instrumentos. O obxectivo a curto prazo e contar tamén co violín e poder facer unha orquestra de corda”, explica Dourado.

O plan anticovid obrigou a desdobrar clases e a crear ata 22 grupos de distintos niveis. Ningunha clase terá máis de 10 alumnos e crearanse accesos de entradas e saídas diferenciados con sinais no chan. O uso de xel hidroalcohólico e a máscara serán obrigatorios. No caso dos instrumentos de vento mentres se estea tocando a distancia entre o alumno e o profesor será de máis de tres metros. A separación entre as cadeiras será de como mínimo nas aulas de metro e medio.

Os familiares deberán permanecer no exterior do Pazo de Emilia Pardo Bazán para evitar aglomeracións no interior. A dirección do centro convocará unha reunión coas familias con motivo do novo curso para explicar todas as novas medidas.