Ravella dará luz ao Nadal o 27 de novembro

O Goberno local acaba de sacar a licitación por importe de 95.000 euros para o alumeado das festividades navideñas
Navidad 2020
El Correo Gallego
A casa consistorial do Concello de Vilagarcía, na praza de Ravella.

O Nadal chegará este ano uns días antes a Vilagarcía xa que o Concello ten previsto adiantar ao 27 de novembro o prendido da iluminación festiva das rúas e prazas da capital arousá. Así o recollen os pregos do contrato para o aluguer do alumeado das festas de Nadal, Santa Rita e San Roque que o Concello acaba de sacar a licitación por importe de 95.000 euros (impostos incluídos) e que inclúe tamén as labores de montaxe e desmontaxe, instalación dos cadros e conexión eléctricas para orquestras, casetas, barracas e atraccións de feira. As empresas interesadas en realizar este servizo dispoñen de prazo ata o 22 de outubro para presentar as súas ofertas.

A iluminación de rúas, especialmente durante as festas de Nadal, é un elemento que contribúe a dinamizar a actividade social e tamén comercial e hostaleira durante estas datas nas que anoitece moi cedo. O Concello foi adiantado o prendido das luces nos últimos anos para potenciar este efecto dinamizador na que é a campaña de ventas máis importantes do ano, medida que se fai máis necesaria aínda este ano para axudar a que estes sectores poidan ir recuperándose das perdas sufridas polo peche da actividade durante o confinamento e as posteriores restricións pola pandemia do covid. A maiores, coa iluminación preténdese manter un clima de relativa normalidade nun Nadal que se prevé atípico dadas as circunstancias, así como aportar unha pequena dose de alegría que contribúa a elevar o ánimo das persoas nestes complicados tempos de incerteza pola crise sanitaria e económica.

De non producirse ningún imprevisto, as luces de Nadal inaugurarase o venres 27 de novembro e manterase ata o 7 de xaneiro. Serán 42 días nas que as rúas permanecerán decoradas entre as seis da tarde e a unha da madrugada.

Como xa vén acontecendo dende hai uns anos, a iluminación de Nadal non se restrinxirá aos centros urbanos de Vilagarcia, Vilaxoán e Carril e aos principais accesos á cidade, senón que chegará aos barrios periféricos máis poboados e a todas as parroquias, onde se decorarán as fachadas dos centros socio culturais.

A ambientación de Nadal en rúas e espazos públicos realizarase con arcos lumínicos, rótulos, adornos en farois e árbores de parques e xardíns, decoración de rotondas e de fachadas de edificios emblemáticos como a Casa Consistorial. Por suposto, instalaranse os tradicionais conos tridimensionais no centro de Vilagarcía, en Vilaxoán e en Carril. O da Praza de Galicia será o máis alto nunca instalado neste punto, chegando este ano aos 20 metros de alto por 7 de diámetro. En Carril e Vilaxoán tamén se decorarán ás árbores e se ampliará o número de rúas a decorar con arcos. Como o ano pasado, tamén haberá fotocolls con motivos navideños para que as persoas que o desexen poidan sacarse fotos coas que felicitar as festas dende Vilagarcía e se repetirá a proxección de frases desexando bo Nadal en lugares destacados mediante a utilización de gobos.

Seguindo a liña iniciada o ano pasado e co obxectivo se potenciar a activación social e comercial, o Concello tamén decidiu manter este ano o Mercado de Nadal, axustándoo aos protocolos de seguridade e tamén se complementará a ambientación festiva con diversas iniciativas como a dos xardín efímeros estreados o ano pasado con moi boa acollida por parte de veciños e visitantes.