Un home cae precipitado dende unha altura de 5 metros nun accidente laboral en Cambados

Accidente
El Correo Gallego
Os servizos mobilizados, no lugar do sinistro. Foto:Emerxencias Cambados

Un operario resultou ferido na mañá de hoxe despois de precipitarse desde unha altura de 5 metros de altura cando traballaba na antiga nave de Gráficas Salnés, na parroquia de Vilariño, no concello pontevedrés de Cambados.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos profesionais de urxencias sanitarias, o accidente ocorreu ás 10,30 horas. Foron avisados os axentes da Garda Civil e da Policía Local da localidade, ademais de efectivos de Protección Civil da localidade.

O home ferido atópase nestes momentos no hospital de Montecelo, mentres que o Instituto armado cambadés será a institución que instrúa as dilicencias por este accidente laboral.