A Deputación aproba a creación dun novo centro de coworking na Pobra

Coworking
Marta Torres
Valentín González Formoso no pleno da Deputación. Foto: D.

A Pobra. O Coworking A Pobra e o Coworking Dixital CCompostela pasarán a formar parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación da Coruña, impulsada o abeiro do o Plan Emprego Local (PEL). O pleno da Deputación aprobou este martes dúas propostas para adhesión e dinamización do centro da Pobra á Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo e para o financiamento do proxecto de desenvolvemento do Coworking Dixital CCompostela, que está previsto que despois tamén se incorpore.

O espazo colaborativo pobrense consta dun espazo de 143,23 m2 con capacidade para acoller 10 iniciativas emprendedoras: o espazo Emprende, con capacidade para 8 módulos de traballo dotados con mobiliario individual común, preferentemente para persoas emprendedoras que teñen a vontade de crear a súa propia empresa e o espazo Nómades, con capacidade para 2 módulos que se configuran preferentemente para usuarios externos que non permanezan de modo continuado no centro. Ademais pon a disposición das persoas emprendedoras e empresarias unha sala de reunións, un espazo de usos múltiples, cociña, zona de descanso, aseos e espazo de almacén e acceso a internet.

Destacar que con esta iniciativa se desenvolverá unha experiencia piloto para implicar á veciñanza do Concello da Pobra na comercialización dos excedentes dos cultivos domésticos. m. t.