A Pobra recibe a axuda do IDAE para as luminarias

eficiencia enerxética
Marta Torres
Un operario reparando un farol.

A Pobra. O Concello da Pobra do Caramiñal acaba de recibir o ingreso por parte do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) correspondente á subvención para a renovación e adaptación dos alumeamentos públicos. A contía ingresada ascende aos 554.027 euros, se ben o proxecto supuxo un

investimento total de 733.874 euros e a diferencia foi asumida polas arcas municipais.

A intervención efectuouse nun total de 2.671 puntos de luz dos 3.188 existentes no municipio, eliminando 31 deles e instalando 10 novos puntos para reforzar a iluminación nos pasos peonís. Estas novas luminarias son de tecnoloxía LED. m.t.