A vila outense acolle en abril tres seminarios
e un obradoiro da USC

Dirixidos a persoas maiores de cincuenta anos, vanse impartir durantes seis xornadas
Formación
María Cano
A matrícula pode formalizarse no centro social do Concello de Outes.

Outes. O Servizo do Programa Universitario para Maiores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) organiza, en colaboración co Concello de Outes, o IV Ciclo de Camiños de Coñecemento e Experiencia, dirixido a persoas de máis de 50 anos.

Celebrarase durante seis xornadas en abril, na casa da cultura ou no Club Náutico do Freixo. A matrícula é totalmente gratuíta e pode realizarse no centro social ou chamando ao 981 850 575.

O ciclo comezará o día 5 de abril ás 16.30 horas cunha clase sobre a historia desde a perspectiva local, que impartirá o experto Raúl Soutelo Vázquez, doutor en Ciencias da Educación e profesor do departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC. O experto tamén dirixirá o 16 de abril unha saída ao Museo Pedagóxico de Galicia, en Santiago.

Xa os días 6 e 7 será a quenda da pedagoga Beatriz Porrúa Refojo, quen ofrecerá un seminario e un obradoiro de teatro. Tomaralle o relevo o 8 Víctor Arce, profesor titular de Fisioloxía da USC, quen falará aos asistentes sobre o envellecemento saudable.

O cartel tamén inclúe unha visita á Facultade de Medicina da citada universidade, que guiará José Manuel Fernández García, médico de familia. Está programada para o próximo día 9. m. c.