A Xunta anuncia melloras para os Xulgados de Noia

eficiencia enerxética
M.C.
Alfonso Rueda, 2º pola dereita, este luns ás portas dos Xulgados de Noia. Foto: Xunta de Galicia

NOIA. O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda avanzou este luns en Noia que o Goberno galego vai destinar 210.000 € a diversas melloras de eficiencia enerxética nos Xulgados. Rueda, que estivo acompañado pola xuíza decana de Noia, Lorena Tallón; o delegado do Colexio de Avogados de Coruña, Manuel Blanco-Ons; o decano do Colexio de Procuradores de Santiago, Fernando González-Concheiro; o director xeral de Xustiza, Juan José Martín e o alcalde Santiago Abeijón, indicou que a Xunta segue avanzando no compromiso coas dotacións da Administración de Xustiza. De aí as obras de rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética deste edificio que está incluído no Plan Especial de Protección e reforma interior do casco histórico de Noia. A actuación terá unha duración de tres meses e permitirá mellorar a calificación enerxética do inmoble e acadar os niveis axeitados de iluminación e illamento térmico. m. C.