Aberto o prazo do curso de educación de adultos no Campo de San Alberto

Educación
M.C.
Instituto Campo de San Alberto de Noia.

NOIA. No IES Campo de San Alberto de Noia impártense tres niveis de educación para as persoas adultas: Ensinanzas Básicas Iniciais (EBI), Educación Secundaria para as Persoas Adultas (ESA) e cursos de español e galego para inmigrantes, así como cursos da aula mentor. Respecto ó primeiro nivel, organízanse a súa vez en dous: un para adquirir as destrezas básicas de lecto-escritura e razoamento matemático e outro da Educación Primaria. As ensinanzas do primeiro nivel están dirixidas a persoas maiores que carecen dos coñecementos elementais. O segundo nivel está enfocado a persoas maiores que tiveron que interromper a súa formación a unha idade temperá. O prazo de matrícula na EBI e cursos permanece aberto todo o curso, mentres que o prazo de preinscrición na ESA está aberto durante todo o mes de xullo. m. c.