Abre o prazo para anotarse no Lousame Concilia

conciliación
M.C.
Nenos e nenas durante unha xornada do Lousame Concilia. Foto: C. L.

Lousame. O Concello de Lousame abre este xoves 24 de novembro o prazo de inscrición no Lousame Concilia, un programa de conciliación familiar que se convoca conxuntamente para os tres próximos períodos de vacacións escolares do ano: Nadal,

Entroido e Semana Santa. O Concello de Lousame ofrece 20 prazas en cada convocatoria, mentres que as familias poderán optar por anotarse nun, dous ou nos tres períodos ofertados. As inscricións deberán formalizarse no Rexistro Xeral do Concello de entre o 24 e o 30 deste mes.

O Lousame Concilia é un servizo de canguraxe para nenos e nenas de 3 a 12 anos que ten lugar durante os días laborables dos períodos de vacacións escolares, en horario de 9.30 a 14.30 horas, nas instalacións do CPI Cernadas de Castro. O Concello de Lousame convoca 20 prazas para os próximos tres períodos vacacionais: Nadal (10 días: 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro; e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro), Entroido (3 días: 20, 21 e 22 de febreiro) e Semana Santa (4 días: 3, 4, 5 e 10 de abril).

Lembrar que tamén existe a posibilidade de traer aos pequenos ao Lousame Concilia en datas concretas, sempre que queden prazas vacantes. Máis informaciónchamando ao 981 820 494. m. c.