Acordan mellorar a sinalización
e a seguridade
no Monte Pindo

Turismo
María Cano
Pola esquerda, Lago, Pequeño, Regueira e Saborido durante a xuntanza. Foto: D.

Carnota. O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, acordou este mércores cos concellos de Carnota, Mazaricos e Dumbría poñer en marcha un proxecto de sinalización e mellora de seguridade no Monte Pindo e propoñer este espazo para a certificación como destino de turismo científico Observer. Este acordo foi tomado nun encontro no que participaron, ademais de Xosé Regueira, o alcalde e a técnica de Turismo de Carnota, Juan Manuel Saborido e María Lago, e o deputado provincial e alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño.

O obxectivo fundamental do proxecto é a sinalización e mellora da seguridade do espazo coa finalidade de evitar situacións de visitantes que se extravían nesa contorna, máis tamén a mellora da calidade turística do espazo. “Temos que ter en conta que o Monte Pindo é un recurso de primeira orde tanto da provincia como de toda Galiza, cunha compeñente xeolóxica moi potente e cunha tradición oral e unha mitoloxía riquísimas, que cómpre ordenar e poñer en valor como un produto turístico de cara a configurar paquetes e comercializalos no mercado” asegurou Regueira.

O vicepresidente tamén indicou que “ademais da sinalización e da mellora da seguridade, tamén vemos necesario ordenar o acceso de cara a evitar unha presión excesiva sobre os recursos naturais”.

Por último, acordaron marcar un prazo ata xaneiro do vindeiro ano para avanzar na tramitación administrativa do proxecto. m. c.