Activan iniciativas de formación para o emprendemento no municipio de Outes

Emprendemento
M.C.
Concello de Outes.

Outes. Dende a Axencia de Desenvolvemento Local de Outes bota a andar un novo proxecto. Trátase dun servizo de formación en temas de emprendemento: como analizar unha idea de negocio, como identificar o mercado potencial ou como facer un estudo da viabilidade económica do proxecto son algúns dos aspectos que se abordarán.

Ademais, tamén se vai poñer en marcha “un servizo de titorías e asesoramento para rapaces e rapazas que cursen estudos de Formación Profesional (FP) e teñan que elaborar un proxecto de empresa”, avanzaron este luns fontes municipais.

As persoas interesadas en ambas iniciativas formativas poden chamar ao teléfono 981 850 003 e preguntar por Carlos Rodríguez ou ben enviar un correo electrónico a carlos.rodriguez@outes.gal.

A Axencia de Desenvolvemento Local busca apoiar proxectos de emprendemento e a creación de emprego no municipio outense. m. c.