Adisbismur celebrou 40 anos de traballo a prol da integración social

Celebración
ECG
Participaron no acto alcaldes da comarca, representantes da Xunta, da Deputación, de Cogami, persoas usuarias da entidade, familiares, socias, profesionais e voluntarias. Foto: C. O.

outes. O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González, felicitou na tarde deste venres á Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (Adisbismur) polas súas catro décadas de traxectoria. Fíxoo no acto conmemorativo do aniversario desta entidade, que se celebrou na casa da cultura de Outes e no que participaron profesionais, usuarios e familiares dos seus centros. González fixo fincapé no traballo a prol da integración social, formativa e laboral de Adisbismur, e destacou que entidades como esta “fan que Galicia sexa cada día máis solidaria, xusta e inclusiva”. O acto acolleu actuacións musicais e unha representación teatral interpretada polas persoas usuarias, ademais de discursos que serviron para refrescar a memoria das persoas que iniciaron esta aventura hai xa corenta anos. ecg