Adisbismur programa diferentes actividades para conmemorar o 8-M

Día da Muller
María Cano
Unha usuaria do centro de Valadares preparando os agasallos. Foto: C.

outes. Co gallo de conmemorar o Día da Muller, dende a Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (Adisbismur) están a organizar diferentes actividades nas que participan as persoas usuarias do centro de Valadares, no concello de Outes. Cada unha destas accións cumpren co obxectivo de desenvolver o pensamento crítico cara aos estereotipos sexistas e visibilizar as aportacións na sociedade das mulleres galegas ao longo da historia. Os actos organizados comezarán o luns coa entrega dun agasallo á muller máis lonxeva dos concellos de Muros, Outes, Mazaricos e Carnota, municipios do ámbito de actuación da entidade. Faranlle entrega dunha cesta cunha figura de cerámica elaborada polas persoas usuarias do mencionado centro acompañada de produtos do horto ecolóxico que eles mesmos xestionan. m. c.