Adisbismur solicita apoios cunha X Solidaria humana

Campaña
María Cano
Adisbismur realizou unha X Solidaria no seu centro. Foto: C.

OUTES. Co inicio da campaña para a presentación da declaración da renda, as ONG galegas, baixo o paraugas de EAPN Galicia, Cermi Galicia e Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia,

piden a colaboración da cidadanía para que marque o recadro 106 de actividades de enterese social, o que se coñece como X Solidaria. A Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (Adisbismur) únese á campaña. Os usuarios do centro de Valadares (Outes) realizaron unha X para pedirlle ás persoas contribuíntes que marquen o recadro de Fins Sociais cando fangan a declaración da renda. Adisbismur é unha das entidades sociais galegas que poden realizar programas a través do recadado do 0,7 % do IRPF, como por exemplo os obradoiros ocupacionais de cestería, cerámica e viveirismo, ademais dos de rehabilitación en fisioterapia e logopedia, que foron dotados de material coa financiación da X Solidaria durante o 2020. m. C.