Adxudican o reforzo da AC-550 entre Noia e Ribeira por 2,3 millóns

Infraestruturas
M.C.
Pola dereita, Sampedro, Trenor, Freire e Oujo na presentación da nova actuación nos concellos de O Son, Ribeira e Noia. Foto: Xunta

Noia. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por máis de 2,3 millóns de euros as obras de reforzo do firme na estrada autonómica AC-550. Trátase do reforzo do firme no treito que une Noia e Ribeira pasando por O Son, entre os puntos quilométricos 69+500 e 107+850, onde tamén se proxecta a execución dun cambio de sentido e dun carril central de espera.

Os traballos, adxudicados á empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L., suporán unha maior seguridade e comodidade aos usuarios que circulan por esta vía, moi frecuentada, especialmente na tempada de verán. Estas obras, ademais, facilitarán a mobilidade dos habitantes dos tres municipios onde se realizarán as actuacións.

Os traballos teñen un prazo de execución de 6 meses e comezarán a finais de agosto. Están encamiñados á reparación, rehabilitación e reforzo superficial do firme. m. c.