Adxudicaron melloras dos camiños en Baño e no lavadoiro do Chalón

Obras
M.C.
Acometerán melloras nos camiños en Baño. Foto: C. M.

muros. A xunta de goberno local de Muros vén de adxudicar obras por importe de 300.000 euros. Entre elas atópanse a mellora de camiños en Baño e a estrada de Jallambau, así como o acondicionamento da contorna do lavadoiro do Chalón, que conta cunha cuberta de formigón que actualmente se atopa en moi mal estado. Esta última actuación será financiada pola Deputación cunha achega de 12.000 euros, o 80 % do orzamento total previsto para a execución da obra, que ascende a 15.000 euros. A intervención centrarase na substitución da cuberta de formigón que se construíu sobre o lavadoiro e que, nunha inspección encargada polo Concello, foi cualificada como de moi baixa calidade estética. Posteriormente executaranse peitoriles perimetrais de 45 centímetros de altura e 30 centímetros de ancho e unha escaleira de pedra. m. c.