Almorzos saudables para as alumnas senegalesas das clases de Cáritas

Saúde
Marta Torres
Momento da entrega dos almorzos saudables ás mulleres senegalesas. Foto: C. de Ribeira

RIBEIRA. O obradoiro de emprego O Pote 2 organizou unha actividade en colaboración co Cáritas Parroquial de Ribeira para a degustación duns almorzos saudables por parte dun grupo de mulleres senegalesas que están recibindo clases de alfabetización impartidas pola organización benéfica. A actividade levouse a cabo na Escola Municipal de Hostalería, sita no segundo andar do edificio do mercado municipal de Ribeira. O obxectivo fundamental era o de achegar a estas mulleres e as súas respectivas familias, uns aperitivos saudables, facendo entrega dos mesmos nas súas instalacións, sempre adaptándose á nova normalidade e gardando, en todo momento, as medidas hixiénico-sanitarias derivadas da situación actual da COVID. Este programa de emprego ten previsto realizar máis actividades con outras entidades sociais. m.T.