Ambar abre as inscricións nun curso do sector alimentario

Formación
Marta Torres
Usuarios de Ambar cos diplomas tras finalizar o curso de xardinaría e horticultura. Foto: Ambar

Ribeira. A asociación Ambar xa abriu o prazo para inscribirse no curso de operacións auxiliares de elaboración na

industria alimentaria. A formación comezará o vindeiro 8 de novembro e celebrarase de luns a venres no centro de recursos do colectivo en Ribeira (San Roque/Frións) de 10.00 a 14.00 horas.

Seguno sinalaron dende a asociación, esta acción está destinada a persoas con diversidade funcional menores de 30 anos con fin de mellorar a inserción socio laboral das mesmas a través de programas de formación.

Concretamente, este curso do sector alimentario é para un máximo de dez persoas, totalmente gratuíto e conta ademais cunha beca de asistencia de nove euros por xornada na fase teórica. m. t.