Ambar recadou 10.000 euros na súa carreira

Solidariedade
M.C.
Un momento da saída dunha das probas disputadas. Foto: A.

RIBEIRA. A Carreira pola Diversidade impulsada pola Asociación Ambar, que se celebrou o pasado domingo en Ribeira, contou coa participación de 172 participantes. Segundo indicaron dende o citado colectivo, 90 persoas participaron nas modalidades de adultos e 82 cativos nas categorías infantiles. Con esta carreira, que ten o obxectivo de visibilizar e promover a inclusión real e efectiva das persoas con diversidade funcional e fomentar valores como a participación ou a igualdade, Ambar logrou recadar máis de 10.000 €. m. C.