Amicos celebrou o Samaín con disfraces e ‘scape room’

Samaín
Marta Torres
Dúas usuarias de Amicos ataviadas para a ocasión. Foto: A.

BOIRO. A Asociación Amicos celebrou a festa do Samaín no seu Centro Integral de Comoxo, en Boiro. Ataviados cos disfraces máis terroríficos e tras encher as paredes das instalacións de telarañas, pinturas e ata un photocall con máscaras e demais complementos, os integrantes desfrutaron dunha xornada festiva que incluíu un desfile, ademais de participar nun scape room do terror no que tiveron que superar varias probas como a construción dun quebracabezas. As actividades continúan o vindeiro martes, día 2, cun concurso de cabazas. m. t.