Andaina a beneficio da asociación
de nenos prematuros en Santa Uxía

Solidariedade
ECG
Pola esquerda, Pérez, Pego, Sampedro, Cores e Romay. Foto: C. R.

ribeira. A Asociación de Amas de Casa de Ribeira romove a celebración o vindeiro 2 outubro coa colaboración de numerosos negocios e do Concello ribeirense unha andaina solidaria a beneficio de Agaprem, asociación galega de familias de nenos prematuros.

A actividade arrancará ás 10.30 horas da praza do Concello e a día de hoxe xa conta cun cento de persoas inscritas. Quen queira participar pode facelo anotándose no email amasdecasaderiveira@gmail.com, por whatsapp no 653 333 124 ou contactando coa organización a través das súas contas de Instagram e Facebook. Incluso se poderá anotarse o mesmo día da proba antes da saída, a partir das 9.30 horas. O percorrido, moi sinxelo de facer, descorrerá ata o Castro da Cidá, contando cunha distancia total de oito kilómetros. ecg