‘Ás para Álex’ en Outes o día oito

Teatro
M.C.
Un momento da representación da obra de Baobab Teatro ‘Ás para Álex’. Foto: CDA

outes. O espectáculo da compañía Baobab Teatro Ás para Álex chegará á casa da cultura de Outes este sábado, 8 de outubro, no marco da programación da 27 edición do Outono Teatral. Orientada á rapazada a partir dos 5 anos, a obra conta a historia de amizade de Álex, un cativo de oito anos con cancro ao que lle encanta o deporte. As entradas xa poden adquirirse na casa da cultura outense. Ás para Álex é unha peza comprometida, pero tamén divertida e cargada de tenrura. Busca mostrar o xogo e a esperanza como activos esenciais para superar calquera dificultade, así como destacar o papel das persoas que son quen de facer ver as cousas doutro xeito. A función será a partir das 19.00 horas. m. c.