As postais de Nadal poden ter premio na vila outense

Os interesados deben entregar os traballos este mércores na casa da cultura de Outes
Concurso
ECG
González e Quintela na presentación da campaña O noso Nadal. Foto: C. O.

Outes. O Concello de Outes lembrou que este mércores remata o prazo para presentarse ao concurso de postais co que pretende promover o uso da lingua galega e a creatividade. Este certame busca estimular a inventiva entre os máis cativos da casa, pero tamén entre as persoas adultas, pois hai diferentes categorías. Os premios consistirán en varios lotes de libros e 300 euros que se poderán gastar no comercio outense.

“Esta é unha actividade que, ademais de promover o uso do galego, entre a poboación en xeral, e entre a mocidade e infancia, en particular, preténdese involucrar aos pais, nais, avós e avoas para que sexa unha actividade interxeracional”, indicaron fontes municipais.

As persoas interesadas poden participar inscribíndose na casa da cultura, onde deberán entregar a postal e cubrir o formulario cos seus datos persoais. Toda a información está dispoñible na web municipal (outes.gal).

Segundo recollen as bases, o xurado terá en conta a creatividade, a orixinalidade, o traballo artesanal e o texto máis axeitado para o Nadal. As persoas gañadoras serán notificadas polo Concello mediante chamada telefónica. Informar que as postais exhibiranse na casa consistorial dende o 22 de decembro ata o vindeiro 13 de xaneiro. ecg