Asamblea xeral de socios do Liceo o 28 de este mes

Asamblea
María Cano
Liceo de Noia. Foto: L.

NOIA. A xunta directiva da Sociedade Liceo de Noia, convoca a asamblea xeral ordinaria de socios, que se

celebrará no local social o 28 de xaneiro ás 20.00 h, en primeira convocatoria, e ás 20.30 en segunda. A orde do día inclúe a lectura e aprobación, se é procedente, da acta anterior; a memoria, liquidación do orzamento, balance do exercicio 2020 e 2021, rendición de contas e aprobación, se procede; e a elección de presidente. No caso de reelección do actual presidente, segundo indican dende o Liceo, continuará a asamblea co orzamento para o exercicio 2022 e futuros proxectos. Debido ao covid, só poderán acceder os socios de número ou beneficiarios con representación. m. c.