Axudas a prol das actividades culturais na vila muradá

Cultura
ECG
Concello de Muros.

Muros. O Concello de Muros informou que xa está aberto o prazo de solicitude de subvencións, en concorrencia competitiva, dirixidas a entidades para a realización de actividades culturais no ano 2022. Concederanse de ata un máximo de 1.500 euros por proxecto. A contía de todas as axudas ao abeiro desta convocatoria sumará un máximo de 11.000 euros.

A finalidade e obxecto destas achegas será contribuír ao desenvolvemento de programas e actividades culturais concretas no concello de Muros, en particular aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúan ao espallamento da cultura galega.

Consecuentemente, “de acordo coa lexislación vixente en materia de igualdade e de protección contra a violencia de xénero, non é subvencionable ningunha actividade ou actuación que inclúa contidos ou publicidade sexista e que se poidan considerar discriminatorias, vexatorias ou que inciten á desigualdade ou violencia”, puntualizan.

As asociacións sen ánimo de lucro interesadas en solicitala poderán presentar as instancias nas dependencias municipais. Poden descargar os impresos na páxina web municipal (muros.gal). ecg