Benestar e saúde da muller, unha prioridade no Concello de Porto do Son

Organizan este mes dous cursos formativos que impartirá a matrona María Dolores Martínez
salud y bienestar
María Cano
As sesións desenvolveranse na casa da cultura sonense os días 27 e 31 de maio.

Porto do Son. A área de Benestar Social do Concello de Porto do Son promove no mes de maio dúas accións formativas para conmemorar o Día Internacional da Saúde da Muller, que se celebra o vindeiro día 28. Con este motivo, van desenvolverse dous cursos gratuítos, nos cales a saúde e os coidados da muller serán os temas centrais.

No primeiro deles, que terá lugar o xoves día 27, as persoas participantes abordarán a necesidade de promover a saúde física, emocional e social das mulleres, cun programa que abarcará: os estilos de vida saudable, a importancia da alimentación e do exercicio físico; a prevención xinecolóxica e os factores de risco; a importancia do autocoidado, e as técnicas de relaxación e prevención do estrés.

Por outra banda, na sesión fixada para o luns 31 de maio, os asistentes afondarán nos cambios evolutivos da menopausia e tratarán aspectos como: a fisioloxía do climaterio ou as pautas de alimentación, exercicio e hábitos de vida saudables.

Ambas iniciativas serán impartidas por María Dolores Martínez Romero, matrona do Servizo Galego de Saúde. Desenvolveranse na casa da cultura sonsense de 16.00 e 20.00 horas.

Os interesados en participar nas xornadas formativas deben formalizar a súa inscrición no departamento de Benestar Social (no segundo andar da casa do concello). As prazas, limitadas, asignaranse por orde de inscrición. Ademais, os participantes recibirán o correspondente diploma de asistencia. m.c.