BNG de Noia pide que se regulen as caravanas

Turismo
María Torres
Caravanas acampando no paseo marítimo de Noia

Noia. O BNG vén de rexistrar no Concello de Noia unha proposta para o seu debate no vindeiro pleno ordinario, coa que pretende que as caravanas que acampen na localidade teñan unha infraestrutura na que se podan instalar con arranxo á legalidade vixente. Unha iniciativa coa que os nacionalistas buscan “mellorar as condicións para as persoas que practican o turismo de autocaravanas, á vez de que se diminúan as repercusións urbanísticas e ambientais”.

Os nacionalistas piden que se aprobe unha dotación orzamentaria para a construción de, cando menos, “un campamento de caravanas” e “o establecemento dunha ordenanza que regule o uso das caravanas e autocaravanas no concello de Noia”. m.t.