en igualdade

Igualdade de xénero
ECG
Cristina González, esquerda, e Dores Torrado

Boiro. O Concello de Boiro, a través da área de Feminismo e Igualdade, vai levar a cabo un proxecto dirixido á poboación en xeral e ao alumnado dos centros educativos para desenvolver accións de sensibilización en materia de igualdade de xénero. A concelleira de Feminismo e Igualdade, Dores Torrado, e a responsable de Nova Xestión Cultural, a empresa organizadora, Cristina González, presentaron o proxecto Boiro contra a violencia.

O obxectivo desta proposta é desenvolver accións de sensibilización en materia de igualdade de xénero, que se van levar a cabo dende o mes de febreiro ata finais de xuño. Para desenvolver este proxecto o Concello de Boiro conta co financiamento da Secretaría de Estado de Igualdade no marco do Pacto de Estado conta a Violencia de Xénero. “Temos que levar a cabo programas e accións conxuntas que nos permitan desenvolver políticas de igualdade ao longo do tempo para ver resultados”, afirma Torrado.

“Unha das primeiras accións que se pretenden levar a cabo é a constitución dunha mesa municipal contra a violencia de xénero para traballar de forma conxunta contra a violencia de xénero no municipio”, afirmou Cristina González. C. G.