Busca do tesouro e taller de elaboración de velas no Lousame Concilia

programa Concilia
Marta Torres
Nunha das xornadas os nenos cociñaron as súas propias galletas. Foto: C. L.

LOUSAME. Os trece nenos e nenas que asisten á ludoteca de Semana Santa do programa Lousame Concilia participaron nun obradoiro de repostería, no que elaboraron e cociñaron as súas propias galletas. A rapazada fixo cadansúas galletas, de acordo aos moldes dispoñibles, que despois puideron levar para as súas casas para compartiren coas súas familias. Asemade, os cativos traballaron na decoración das hueveras para un gran xogo de busca do tesouro que terá lugar este luns, día no que tamén desfrutarán dun obradoiro de elaboración de velas. Este programa de conciliación familiar dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade, está organizado pola concellería de Igualdade do Concello de Lousame e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo. m. torres