Cambio de sede do PAI de Outes

conciliación
María Cano
Manuel González, alcalde de Outes.

outes. O executivo de Outes anunciou que nas vindeiras semanas sairá a licitación o proxecto de adaptación da planta baixa do colexio vello do Cruceiro de Roo para albergar o novo PAI. O alcalde, Manuel González, indicou que o goberno é consciente de que as instalacións actuais teñen un tamaño e unha distribución inadecuada, “e por iso xa en 2020 se elaborou un proxecto para trasladar o PAI a un espazo máis amplo e adecuado do colexio vello, no Cruceiro de Roo”. González sinalou que, ante a negativa da oposición a empregar o remanente de tesourería para tal fin, “nós daquela xa advertimos que iso retrasaría varios meses o inicio das obras”. O cambio de sede está previsto que se realice no vindeiro ano. m. c.