Campamento infantil en la localidad muradana durante Semana Santa

programa Concilia
M.C.
Concello de Muros.

muros. O Concello de Muros abriu esta semana o prazo de inscrición no campamento Muros Concilia de cara a Semana Santa. As bases recollen que o programa de actividades desenvolverase os días 11, 12 e 13 de abril e que estará dirixido a rapaces nados entre o 2010 e 2018. Os centros de operacións nestes campamentos serán o pavillón de Miraflores de Muros e o polideportivo Xosé Lago de Esteiro, e as sesións lúdicas terán lugar de 9.00 a 14.00 horas. O prazo de solicitude finaliza o 31 deste mes, ás 14.00 horas, e o 1 de abril celebrarase un sorteo no suposto de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles. Destacar que terán prioridade os nenos empadroados no Concello de Muros. Aqueles que desexen máis información deben dirixirse ao departamento de Servizos Sociais chamando ao teléfono 981 762 465. m. c.