Carnota mostrará os seus encantos nun concurso de fotografía mariñeira

Certamen de fotografía
M. T.
Espectacular panorámica aérea das instalacións do faro de Lariño, situado en augas do municipio de Carnota. Foto: ECG

CARNOTA. O Concello de Carnota organiza o III Concurso de Fotografía Mariñeira que ten como finalidade amosar e por en valor o patrimonio natural, etnográfico e cultural do municipio a través da fotografía relacionada co mar. Cada participante poderá presentar en formato JPEG ou JPG un máximo de cinco instantáneas, sendo estas orixinais e inéditas. O prazo de inscrición estará aberto dende o día 5 ata o 20 de novembro. Esta actividade está incluída dentro da programación do I Festival de Artes Escénicas Mar de Pedras que terá lugar o vindeiro 10, 11 e 12 de decembro na lonxa vella de Lira. Durante a celebración de dito evento realizarase a entrega de premios e poderase visitar a exposición das fotografías finalistas do concurso. Para máis información pódense consultar as bases do certame, dispoñibles na páxina web municipal. m. t