Carnota oferta de novo os talleres de memoria nas distintas parroquias

Servizos Sociais
María Cano
Concello de Carnota.

CARNOTA. Despois dun ano en stand by debido á pandemia do covid, o Concello de Carnota anunciou que voltan os talleres de memoria da man da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Fisterra e Soneira (Afafes). Comezarán o vindeiro luns, día 4 de outubro, e terán lugar nos centros culturais de cada parroquia, excepto en Carnota que será na Casa da Mariñeira. Os xoves desenvolveranse na vila carnotá e no Pindo e os venres nos núcleos de Lira e Lariño. Dende a administración local sinalan que a iniciativa “está dirixida a todas aquelas persoas que queiran potenciar as súas habilidades e capacidades cognitivas, mellorar o seu benestar emocional e establecer novos lazos sociais e afectivos”. Os interesados poden inscribirse chamando ao 981 857 032 (extensión 2). m. c.