Carnota poñerá en marcha visitas a Stolt Sea Farm

Convenio
Marta Torres
O alcalde de Carnota, 3º pola esquerda, xunto aos directivos de Stolt Sea Farm. Foto: Concello

CARNOTA. O Concello de Carnota e Stolt Sea Farm asinaron un convenio de colaboración para poñer en marcha un programa de visitas guiadas polas súas instalacións co fin de dar a coñecer entre os escolares o proceso de cría e manufacturado dos peixes cos que traballan. m. t.