Ceden a Adisbismur o antigo colexio de Roo

Pleno
ECG
Construirán no antigo colexio unha residencia. Foto: Concello

outes. No pleno ordinario do mes de setembro a Corporación de Outes aprobou por unanimidade a cesión a Adisbismur do antigo colexio do Cruceiro de Roo para construír alí unha residencia para persoas con discapacidade. O alcalde Manuel González, asegurou que de concretarse este proxecto conseguirán dotar ás comarcas de Muros e Noia dun servizo moi necesario, e tamén crear emprego e fixar poboación en Outes, posto que a cesión está condicionada a que o 80 por cento dos empregados estean empadroados no concello. ecg