Charanga, un certame e obradoiros de Entroido para a localidade noiesa

Entroido
M.C.
Salgado, esquerda, e Rosende na presentación da programación de Entroido. Foto: C. de Noia

Noia. As concelleiras de Noia Laura Salgado e Beatriz Rosende foron as encargadas de presentar a programación do Entroido 2022 que se festexará dende o venres 25 de febreiro ata o mércores 2 de marzo.

O concurso dos máis cativos será o sábado 26, cun photocall que estará instalado no Claustro do Concello, para que todos os participantes pasen a facer a súa foto e a recoller o seu agasallo. Será dende as 16.00 ata as 20.00 horas. As inscricións xa poden facerse a través de eventosconcellonoia@gmail.com, indicando nome e apelidos, dirección, teléfono, nome do disfraz e categoría na que participa.

Tamén haberá actuación musical da charanga Vila de Noia e talleres de Entroido.

As actividades chegarán ao seu fin o mércores de cinza co enterro da Sardiña. A saída está fixada ás 20.30 horas do Curro. m. c.