Charla sobre a vertedura das minas de San Finx en Outes

Medio Ambiente
María Cano
Terá lugar no centro náutico do Freixo, en Outes. Foto: C. O.

Lousame. A plataforma Plademar Ría de Muros-Noia organiza unha charla informativa sobre o proxecto de vertedura das minas de San Finx. “Cremos que a cidadanía ten que estar informada, sobre todo dos temas que lle afectan directamente. Tamén somos firmes defensores do medio ambiente e da saúde da nosa ría, da que depende economicamente toda a poboación que a rodea”, sinalaron dende o citado colectivo.

Na charla, que terá lugar este venres ás 18.00 horas no Club Náutico do Freixo (Outes) intervirán Joam Evans, director da Fundación Montescola, e Rogelio Santos, mariñeiro e divulgador sonense.

E para as 19.45 convocaron unha concentración no Concello de Lousame. m. c.