Charla sobre hábitos saudables na vila outense

Infancia
M.C.
A iniciativa está dirixida a tódolos pais, nais e titores legais da rapazada entre 3 e 6 anos.

Outes. O Concello de Outes organiza o vindeiro luns, día 30 de maio, unha charla sobre hábitos saudables na infancia na que se abordarán temas como o deporte e vida activa, alimentación, descanso, relacións sociais ou co medio ambiente. Terá lugar no salón de actos da casa da cultura a partir das 19.00 horas. A iniciativa está dirixida a tódolos pais, nais e titores legais da rapazada entre os 3 e os 16 anos.

Segundo o programa, intervirán o concelleiro de Educación, Daniel Rodríguez; a directora do CEIP Plurilingüe de Outes, Maiuca Cortón, e o técnico superior en dietética e en animación e actividades físicas e deportivas, Enrique Outes Durán. m. c.