Charla sobre o dano cerebral na vila sonense

Conferencia
María Cano
Casa de la cultura de Porto do Son.

o son. A Asociación de Dano Cerebral de Compostela (Sarela), en colaboración co Concello de O Son, organiza o xoves 20 de xaneiro unha charla sobre o dano cerebral. Será a traballadora social do colectivo, Laura Segade, a que ofrecerá este coloquio. Durante a ponencia abordaranse cuestións como que é o primeiro motivo da discapacidade, o ictus e a súa primeira causa, os recursos especializados e consellos de prevención. Segundo apuntaron dende o Concello, a conferencia terá lugar na casa da cultura sonense ás 17.30 horas. m. c.