Charlas en materia de estranxeiría en Santa Uxía

Servizos Sociais
M.C.
Fachada da casa consistorial de Ribeira.

Ribeira. A concellería de Servizos Sociais de Ribeira organiza xornadas informativas sobre as últimas novidades en materia de estranxeiría e asilo. A iniciativa dará comezo este venres cunha charla sobre a situación actual do asilo, que terá lugar no Centro Cultural Lustres Rivas ás 19.30 h. Contará cunha duración dunha hora e media.

A seguinte xornada informativa celebrarase o mércores 23 ás 15.30 h, na mesma sala, cunha duración prevista de 2 horas. Ese día o tema será a recente modificación do regulamento de estranxeiría, que suscita dúbidas frecuentes entre a poboación inmigrante de Ribeira.

Ambas sesións correrán a cargo de Francisco Melón, asesor xurídico que presta o servizo especializado en materia de estranxeiría no departamento de Servizos Sociais de Ribeira desde o pasado mes de maio e que traballa para a ONGD Sen Valos, da Coruña. Este servizo está subvencionado pola Dirección Xeral de Inclusión Social da Consellería de Política social e polo Fondo Social Europeo.

O acceso ás xornadas é libre, sen inscrición previa, e aberto a toda a cidadanía de Ribeira e profesionais que teñan interese. Aconséllase acudir uns minutos antes da hora prevista. m. c.