Chega á vila lousamiá a Xanela do Maxín con ‘As aventuras de Gale’ o 16

Cultura
María Cano
O espectáculo de monicreques contará con música en vivo e explorará a historia da lingua galega. Foto: C. L.

LOUSAME. O vindeiro venres 16 de abril a casa da cultura de Lousame acollerá, ás 18.00 horas, o espectáculo de monicreques As aventuras de Gale. A representación do grupo Xanela do Maxín contará con música en vivo e explorará a historia da lingua galega. Dende a concellería de Cultura lousamiá informaron de que a función está deseñada para nenos e nenas a partir de 6 anos e ten unha duración aproximada de 55 minutos. As persoas que desexen asistir xa poden reservar o seu ticket gratuíto en www.bandoticket.com, buscando Lousame e accedendo ao espectáculo para rexistrarse con nome, apelidos e un enderezo de contacto, obtendo un código QR a modo de entrada. Ademais de nesta dirección web, se o prefiren, tamén poden facerse coas entradas chamando ó 981 285 780 en horario de 10.00 a 14.00 horas de luns a venres. m. C.